MÚSICA Y CANCIONES




Bicarelo Karaoke


Ulises-La quinta esencia

ULISES
Partín cara á guerra,
deixei atrás a miña muller,
o meu reino, o meu fillo, as miñas terras...
todo aquilo abandonei.
Dez horribles anos
entre sangue e maldade
alí só tiña un sono:
regresar.

Espérame, pronto hei de regresar.
Ningún deus o impedirá.

Xa de volta á casa
o ceo castigoume
por un mal que eu non fixen
e a miña man consentiu.
Se é a vosa xustiza
castigar o ben con mal,
non son home que se renda
nin que eluda pelexar.

Espérame, pronto hei de regresar.
Ningún deus o impedirá.

Pronto, o meu amor, estarei contigo.
Toda a dor esquecerei contigo.
Oio a túa voz cando estou perdido.
Se forte amor, volverei contigo.

Nin deus, nin home,
nin criatura infernal
conseguirán que non poida
volver por fin ao meu fogar.

Espérame, pronto hei de regresar.
Ningún deus o impedirá.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...